13 feb 2017

Exposicións nas aulas "De espectadores a protagonistas"

Boas diminut@s!
Durante a semana pasada e parte desta o alumnado do centro expuso o material que trouxeron das súas casas en diferentes exposicións nas aulas e corredores.
Os diminut@s máis grandes prepararon unha exposición moi interesante e traballaron moito para que todo saíra correctamente.
Explicaron diferentes cuestións:
  • Os comezos do cine.
  • Os medios técnicos.
  • A evolución do VHS ao DVD.
  • Cine de animación.
  • Novas de cine e galas.
  • Personaxes de cine.
  • O recuncho das emocións do cine.
  • Menús especiais relacioados co proxecto.
Todos e todas  os alumnos/as de 5º de EP colaboraron dalgunha maeira nesta actividade. Noraboa polo voso esforzo! Podedes ver o seguinte vídeo no que saen algúns dos momentos destas exposicións e da súa preparación.

Exposición da aula de 5º de EP on PhotoPeach
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...