30 ene 2014

Feliz aniversario Brais!

Ola Diminutos, seguimos coa semana de felicitacións, agora é o turno de Brais, que o día 31 de xaneiro celebra o seu aniversario. Toda a clase quere desexarche que pases un feliz día e agardamos que che guste o vídeo que che prepararon os teus compañeiros. Ata a próxima Diminutos!

DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO

Feliz día da Paz diminutos/as!
Hoxe celébrase o día da Paz, 30 de xaneiro,  día que debemos ter presente todo o ano. Para celebralo esta semana estivemos facendo un mural e actividades sobre Nelson  Mandela, xa que foi unha persoa moi importante na loita da igualdade e dos dereitos das persoas. Tamén fixemos mándalas sobre o tema. Espero que vos gusten moito os seguintes vídeos, e disfrutade moito este día e todos!

Pincha enriba de cada vídeo!



CANCIÓN- JUANES, PAZ,PAZ,PAZ ( EN LENGUA DE SIGNOS!)

29 ene 2014

Feliz aniversario Alex!!

Ola Diminutos, o 30 de xaneiro é o aniversario de Alex, este ano recibes unha felicitación especial dos teus compañeiros/as, con esta montaxe  toda a clase quede desexarte que pases un bo día de aniversario e ensinarte a felicitación que prepararon dous dos teus compañeiros. Ata a próxima Diminutos!

27 ene 2014

Feliz aniversario Antón!!

Ola Diminutos, hoxe 27 de xaneiro é o aniversario de Antón, por este motivo Os diminutos máis grandes queremos felicitalo, e para iso deixámosvos con esta montaxe e os parabéns de dous dos teus compañeiros/as, agadamos que pases un bo día Antón e que te guste a nosa felicitación. Ata a próxima Diminutos.

22 ene 2014

Ímonos á Prehistoria!

Ola Diminutos, o libro recomendado hoxe titúlase ¡Quita las patas de la piedra de fuego!, e suxírenolo José Antonio, e nos conta unha historia protagonizada polo antepasado de Gerónimo Stilton, un rato chamado Gerónimo Stiltonut. Coma toda a serie deste protagonista está escrito por Elisabeta Dami e editado por Destino.

21 ene 2014

Estrelas ao alcance da man

Ola Diminutos, coma podedes ir comprobando na pestaña do proxecto Firmamento de libros, este particular ceo está repleto de estrelas dos nenos/as de 4º. O proxecto que comezou o curso pasado recibíu o impulso necesario e nestes momentos podedes acceder a numerosas recomendacións de todo tipo de lecturas, non vos teñen que gostar todas, simplemente son unha referencia dos libros que chamaron atención aos rapaces/zas da clase de 4º de EP.

20 ene 2014

Un fraile un tanto peculiar

Hola Diminutos, este nuevo año nos trae otra recomendación que sumar a nuestro Firmamento, en esta ocasión es Alex el que nos presenta un libro muy familiar para la clase Fray Perico y su borrico, escrito por Juan Muñoz Martín, y editado por SM. Esta obra ya la hemos leído en clase, por lo que todos la conocemos, ¿qué visión nos dará de ella nuestro compañero?

Greg e a festa de San Valentín

Ola Diminutos, xa estamos aquí con novas recomendacións  literarias por parte dos alumnos/as de 4º de E.P., nesta ocasión é Pedro quen nos trae a 7ª edición do éxito de Jeff Kinney, Diario de Greg: Buscando plan..., editado por RBA. Estade atentos a ver que nos conta Pedro sobre a lectura que fixo deste libro.

14 ene 2014

Xa estamos aquí cun novo tema de Coñecemento do Medio!

Benvidos  ao segundo trimetre diminutos máis grandes:
Feliz ano novo a todos e todas! Aquí estamos  para seguir aprendendo de formas moi divertidas. 
En coñecemento do medio estamos nun novo tema : OS ECOSISTEMAS,  e para que nos quede moi clariño, podedes ver estos vídeos sobre os mesmos, a cadena alimenticia, as tres erres:reducir, reutilizar e reciclar...
Disfrutade moito e estade moi atentos.











Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...