28 may 2013

Concurso de debuxo

Ola a todos/as:
Este ano, unha vez máis participamos no "Concurso de debuxo: Doazón de sangue." Moitos nenos e nenas do noso cole, démonos conta da importancia  que ten un acto como doar sangue, e por iso, como todavía non podemos doar, queremos aportar o noso granito de area participando neste concurso e animando a todas as persoas que poidan a doar sangue. 
Aquí quedan os debuxos que fixemos os diminutos de 3º de EP.


E na nosa clase todos os debuxos foron moi bonitos, e ata tivemos  unha gañadora, Vanesa, con este debuxo - cómic tan orixinal:

Noraboa Vane!!!

FELICIDADES JOSE!

Este mes de maio cumpliu anos Jose Antonio, moitas felicidades de parte dos diminutos máis grandes Jose! Agardamos que estos 10 anos sexan estupendos para ti, estamos moi contentos de celebralo contigo. Unha aperta moi forte!!!




27 may 2013

As paisaxes!

Ola diminutos!
Nestes novos temas  de coñecemento estamos aprendendo cousas moi interesantes sobre as paisaxes de chairas, montañas, costas e ríos. Espero que con estos novos vídeos aprendamos un pouquiño máis.



7 may 2013

A MATERIA E OS MATERIAIS!

Ola diminut@s:
Neste novo tema de coñecemento coñeceremos o interesante mundo da materia e dos materiais!que son, as súas características,os estados da materia: líquido, sólido e gasoso, a súa transformación,etc. Prestade moita atención aos seguites vídeos:





1 may 2013

FELIZ ANIVERSARIO VANE!

Felicidades Vanesa!
O pasado sábado día 27 de abril, outra diminuta cumpliu 9 anos: Vanesa! Desexamos que tanto o día do teu cumple como os 9 anos sexan moi divertidos para ti! Unha aperta moi grande dos diminutos máis grandes!

 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...