20 mar 2012

DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE: 21 DE MARZO





A nosa excursión aos bombeiros!

Ola a todos/as:
O pasado venres 16 de marzo os alumnos/as de 1º,2º e 4º de EP visitamos os Bombeiros de Carballo. Pasámolo moi ben e aprendimos moito! Moitas grazas aos Bombeiros!


19 mar 2012

Táboas do 5 e do 10

Para seguir repasando e aprendendo as táboas de forma divertida, aquí tamos as seguintes:




8 mar 2012

Falando da igualdade!

Ola:
Hoxe na clase de 2º estivemos falando sobre o Día Internacional da Muller, xa que se celebra hoxe, 8 de marzo. Non o plantexamos como un día especial, xa que o realmente importante e o día a día de todos e todas. O que si interesounos máis foi como evolucionou a sociedade, e de que todos e todas temos o deberíamos ter os mesmos dereitos e oportunidades , sexamos como sexamos. Por iso vimos este vídeo tan bonito que poño a continuación. Aos diminutos máis grandes gustoulles moito e entenderon perfectamente que cada un/unha é moi importante para o resto! Sexamos homes ou mulleres. A mensaxe é que entre todos e todas podemos facer un mundo mellor.

5 mar 2012

Novas de marzo, continuamos cos noso proxectos!

Ola a todos/as:
Como sabedes,durante este curso  estamos traballando no proxecto de Voz Natura. Por un lado temos en clase a nosa plantación de leitugas que pronto pasaremos a nosa horta. Cada clase ten un producto diferente!
Por outro lado , este mes , aproveitando o día Internacional das árbores que é o 21 de marzo, cada clase plantará unha árbore .Aos diminutos máis grandes tocounos a cerdeira ( ou tamén  chamada cereixeira). Sabedes que esta árbore pode chegar a medir 5 metros de alto? E que da  un froito chamado cereixa? As súas flores son brancas coma a neve. É unha árbore preciosa e traballaremos en coñecemento do medio sobre ela. 
O día 21 de marzo faremos unha exposición cos traballos de cada clase e veremos ás 10 árbores frutais plantadas! Será moi divertido e ademais esperamos ver crecer estas 10 árbores durante anos no cole!
Para ir familiarizándonos coa nosa  árbore, poñemos un vídeo sobre a mesma e os seus froitos .


E outro sobre a flor da cerdeira.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...