18 dic 2012

CANTAS PINGAS!

Para poder traballar no noso Proxecto da AUGA, adiantamos uns temas,  e logo volveremos atrás. Espero que aprendades moito con este vídeo.

12 dic 2012

Visita á depuradora e á planta potabilizadora de Carballo

O martes 11 de decembro fixemos unha visita á planta potabilizadora e á depuradora de Carballo, onde comprobamos e explicáronnos o recorrido que fai a auga desde que se recolle a auga cunhas bombas do río Anllóns ata que pode ser enviada aos nosos fogares, tamén vimos o recorrido inverso na planta depuradora, onde se recollen as augas fecais e se tratan para ser devoltas ao río nunhas condicións non perxudiciais para o medio ambiente, tamén observamos que os residuos que non poden ser tratados son reutilizados para fertilizar ou son enviados a un vertedoiro.

7 dic 2012

Una pandilla con imaginación

Hola a todos/as, os presentamos la historia colaborativa "Una pandilla con imaginación" que crearon Os diminutos máis grandes durante las clases de lengua, en ella aprendimos a trabajar en equipo, ya que las historias fueron ideadas por todos los alumnos/as que formaban el grupo, debatiendo las ideas que cada uno de ellos aportaba; también trabajamos la expresión escrita en el momento en el que tenían que escribir su propia historia y también la expresión oral, porque tuvieron que narrar las historias que escribieron al resto de grupos. Tras la breve explicación de este proyecto, que continuaremos con nuevas historias, os exponemos nuestra obra. Esperamos que disfrutéis leyéndola.


La receta de Vanesa

Esta es la Tarta aldeana de Navidad del libro de recetas de mi madre.
 
Ingredientes: 

300 gramos de harina de maíz. 100gramos de harina de centeno o de trigo. 1/2 taza de nata fresca. 100 gramos de azúcar. 100 gramos de pasas sin rabo. 100 gramos de higos pasos pelados.100 gramos de nueces peladas. Levadura o levadurina. Una pizca de sal. Agua.

Preparación:
 
Con el maíz, el centeno, la levadura disuelta en agua templada y la sal hacemos una masa como si fuera para pan, le añadimnos el azúcar y la nata. La colocamos en un sitio templado cubierto por un paño y esperamos a que leve.
La amasamos de nuevo, incorporándole las pasas, los higos picados y las nueces, hasta que la masa sea uniforme. La extendemos sobre una lata o placa de horno enharinada y la metemos a horno medio fuerte hasta que esté dorada.
¡Que aproveche!

6 dic 2012

Un firmamento de libros



Ola a todos/as, presentámosvos o proxecto "Firmamento de libros", que é un programa de fomento da lectura que realizaremos na nosa aula de 3º ao longo deste curso.



Deixámosvos o vídeo de presentación onde se explica o desenvolvemento desta actividade e que se significará o comezo desta proposta.

5 dic 2012

Postais de Nadal 2012

Ola, estas son as postais de nadal que crearon os alumnos/as de 3º.
Agardamos que vos gusten.


3 dic 2012

3 de decembro, Día Mundial da Discapacidade

Loitemos por un mundo máis xusto para todos e todas!
A diferencia é moi boa para aprender uns de outros.



SENTIDO DO OLFACTO, TACTO E GUSTO

E para seguir aprendendo moito sobre os nosos sentidos, vamos a ver outros tres vídeos moi divertidos.


2 dic 2012

A receita de Antón

Esta é a receita que nos deixou Antón.


Esta é a receita de lasaña da miña avoa.

Ingredientes:


fariña,leite,sal,carne picada,tomate,verduras,pasta e queixo relado.

1 dic 2012

Postais de nadal

Ola aquí está o vídeo de coma facer as postais de nadal que comezamos en clase, por se queredes facer outro modelo para regalarlle a algún amigo ou familiar.


Agardamos que vos guste.

28 nov 2012

Actuación no teatro Lido

Esta é a actuación que fixeron os alumnos de 3º na edición 2012 do Teatro Lido. Queremos agradecer aos profesionais de RadioVoz que estiveron con nós e que grabaron a actuación, ademais de ensinarnos como funciona a radio.

Pica na imaxe para oir a representación.

26 nov 2012

Xogando coas palabras

Estes días en clase estamos a traballar coas palabras polisémicas, que coma ben sabedes son as palabras que teñen varios significados. Por exemplo, rato:


que pode significar o nome común que se daa diversas especies de mamíferos roedores,



ou ben,


o aparello que utilizamos para manexar o ordenador.





O SENTIDO DO OÍDO

E hoxe vamos a ver o tema do oído. É moi interesante!

   

O SENTIDO DA VISTA

Comezamos o tema dos sentidos. Aquí están uns vídeos para que sexa máis divertido aprender este tema.

21 nov 2012

AS TABLAS DE MULTIPLICAR

Ola :
Como repaso das tablas de multiplicar,este vídeo onde están todas seguidas. Espero que sexa moi divertido repasar!

16 nov 2012

Proxecto Kuentalibros

Ola a todos/as, despois de falalo e descubrir en que consiste Kuentalibros, na clase decidimos participar neste proxecto colaborativo entre docentes de ámbito estatal, que ten coma obxectivo fomentar a lectura, a expresión oral e a escrita. O proxecto está aberto a quen queira participar, poden ser nenos/as de diferentes etapas, pero tamen poden participar adultos. Consiste en facer a recomendación dun libro que leramos e que nos gustase moito, de forma que esta suxestón poida axudar a outros posibles lectores/as desa obra. Pódese participar grabando un audio ou un vídeo que posteriormente son publicados no espazo do Proxecto, ao que podedes acceder picando na imaxe do final da entrada. Lembrade que estes consellos vannos ver moitas persoas, polo que debedes preparar ben por escrito o que vades a dicir na presentación.

14 nov 2012

Canela y sus gatitos

Ola a todas/os, vos acordades da visita tan especial que tivemos o outro día?, a que vos gustou?, pois Laura pensou que esta historia tan orixinal podía ser unha boa idea para facer un conto, e aquí tedes o resultado, ¡na clase foi todo un éxito!, agardamos que a vós tamén vos guste.



7 nov 2012

A ALIMENTACIÓN!

Ola a todos e todas! Comezamos o tema 2 de coñe, a alimentación! aproveitando as recetas tan orixinais que seguro que elaborades  co profe Diego, aproveito para poñer uns videos ilustrativos sobre a alimentación e as súas características... todos a comer ben!


Que comemos hoxe?


Ola a todas/os, coma xa falamos na clase, quería pedirvos a vosa colaboración para elaborar un libro de receitas virtual das vosas comidas favoritas, poden ser primeiros, segundos pratos ou postres. Lembrade que teñen que ser receitas caseiras, é dicir, deben ser de preparación en casa, que cociñen os vosos pais/nais, avós/as ou calquer outro familiar ou amigo/a, e que sexan do voso agrado. Pedídelles aos cociñeiros/as que vos digan cómo se prepara e vós escribiredelo primeiro nunha folla de papel e logo pasarémolo ao blog.
Para animarvos déixovos unha receita típica do magosto:

3 nov 2012

Sinónimos y antónimos

A los largo del tema 1 y 2 estuvimos trabajando con los sinónimos y los antónimos, ahora ya sabemos que los sinónimos son palabras que tienen un significado parecido y los antónimos son las palabras que tienen un significado contrario. Os dejamos a continuación diferentes actividades para que podáis seguir practicando con los antónimos y los sinónimos, y también ampliando nuestro vocabulario.

Cuéntame un cuento

Hola a todos/as, pinchando en la imágenes podréis leer numerosos cuentos e historias, incluso en algunos también tendréis la posibilidad de participar en ellos. ¡Qué os divirtáis con la lectura!


27 oct 2012

COUSIÑAS SOBRE O NOSO CORPO!QUE DIVERTIDO!

Ola nenos e nenas! Para rematar o tema 1 de coñecemento do medio, no que aprendimos a importancia de ter bos hábitos de hixiene, as funcións do noso corpo, o bo que é o exercicio e moitas outras cousas, poño aquí algúns vídeos divertidos de repaso!


4 oct 2012

XA ESTAMOS NO 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA!

Ola a todos e todas:
Un novo curso comezou e os diminutos máis grandes pasamos ao 2º ciclo de Educación Primaria, a 3º!!!!!!! Este novo curso estará cheiño de sorpresas e emocións novas, porque xa somos máis maiores e temos moitas ganas de aprender!

12 jun 2012

Excursión a Coruña, 25 de maio do 2012

O pasado 25 de maio estivemos de excursión en A Coruña, e o pasamos moi ben, no planetario e na ópera de Romeo e Julieta, e logo xogando no parque!!!

9 may 2012

Conto da pandeira!

Ola a todos e todas. Co motivo das Letras Galegas, gustaríame contar este conto dunha pandeira, onde aparecen as partes máis importantes dos traxes rexionais galegos. Nunca debemos esquecer os instrumentos que forman parte da nosa cultura galega.Unha pandeira
View more presentations from crisparis.

Homenaxeado no día das letras galegas 2012

Este ano o homenaxeado no día das Letras Galegas e o pontevedrés: Valentín Paz Andrade. Foi un loitador da nosa lingua e escribiu poesía e ensaio.

8 may 2012

A natureza que nos rodea!

Con este mapa de Galicia, descubriredes sitios impresionantes e curiosos que temos moi cerca.

 
Ver CASTELO DE PAMBRE en un mapa más grande

3 may 2012

Feliz día a todas as nais do mundo!

Co motivo do vindeiro día da nai,o domingo 6 de maio, os diminutos máis grandes estamos preparando un regaliño as nosas nais, que esperamos lles encante. Porque a nosa familia e amigos son o máis grande que podemos ter, por iso, hoxe e sempre... FELICIDADES MAMAIÑAS!!!!!!!!

 

COIDEMOS A NOSA TERRA!


Ola a todos e todas:
Lémbrades este vídeo de cando plantamos as nosas árbores frutais no cole? Pois o volvemos a ver en recordo do importante que é a nosa natureza, que son as nosas árbores e os nosos bosques, porque plantar unha árbore é plantar vida. Os diminutos máis grandes queremos recordar a todolos nenos e nenas do mundo, que é moi importante coidar ás árbores, ter moito coidado de non prender lume cando vamos de excursións ás montañas. Que a traxedia das nosas Fragas do Eume non se repita máis...loitemos pola nosa natureza!!!!!!!! Saúdos.

Táboas do 7 e do 8 de Miliki

Aquí tedes a táboa do 7 e a do 8 de Miliki, a seguir aprendendo!






20 abr 2012

Tablas del 6

Aquí van as tablas do 6 de Miliki e a outra que tanto nos gusta , son moi divertidas!!! 




20 mar 2012

DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE: 21 DE MARZO





A nosa excursión aos bombeiros!

Ola a todos/as:
O pasado venres 16 de marzo os alumnos/as de 1º,2º e 4º de EP visitamos os Bombeiros de Carballo. Pasámolo moi ben e aprendimos moito! Moitas grazas aos Bombeiros!


19 mar 2012

Táboas do 5 e do 10

Para seguir repasando e aprendendo as táboas de forma divertida, aquí tamos as seguintes:




8 mar 2012

Falando da igualdade!

Ola:
Hoxe na clase de 2º estivemos falando sobre o Día Internacional da Muller, xa que se celebra hoxe, 8 de marzo. Non o plantexamos como un día especial, xa que o realmente importante e o día a día de todos e todas. O que si interesounos máis foi como evolucionou a sociedade, e de que todos e todas temos o deberíamos ter os mesmos dereitos e oportunidades , sexamos como sexamos. Por iso vimos este vídeo tan bonito que poño a continuación. Aos diminutos máis grandes gustoulles moito e entenderon perfectamente que cada un/unha é moi importante para o resto! Sexamos homes ou mulleres. A mensaxe é que entre todos e todas podemos facer un mundo mellor.

5 mar 2012

Novas de marzo, continuamos cos noso proxectos!

Ola a todos/as:
Como sabedes,durante este curso  estamos traballando no proxecto de Voz Natura. Por un lado temos en clase a nosa plantación de leitugas que pronto pasaremos a nosa horta. Cada clase ten un producto diferente!
Por outro lado , este mes , aproveitando o día Internacional das árbores que é o 21 de marzo, cada clase plantará unha árbore .Aos diminutos máis grandes tocounos a cerdeira ( ou tamén  chamada cereixeira). Sabedes que esta árbore pode chegar a medir 5 metros de alto? E que da  un froito chamado cereixa? As súas flores son brancas coma a neve. É unha árbore preciosa e traballaremos en coñecemento do medio sobre ela. 
O día 21 de marzo faremos unha exposición cos traballos de cada clase e veremos ás 10 árbores frutais plantadas! Será moi divertido e ademais esperamos ver crecer estas 10 árbores durante anos no cole!
Para ir familiarizándonos coa nosa  árbore, poñemos un vídeo sobre a mesma e os seus froitos .


E outro sobre a flor da cerdeira.

19 feb 2012

Entroido no cole!

O venres 17 de febreiro tivemos a festa de entrido no cole. Todos e todas iban moi guapos/as e hai que decir que as familias fixeron uns productos típicos riquísimos. Moitas grazas e a disfrutar do entroido!

Felicidades Jose Antonio!

Parabéns Jose! Despois de celebralo o venres cos toda a clase, esperamos que o pases moi ben no  teu día. Felicidades de parte dos diminutos máis grandes! 

16 feb 2012

A nosa canción do desfile!

Por fin mañá é o entroido no cole e para o desfile de disfraces cada ciclo levará unha canción. A de 1º e de 2º e unha canción moi bonita e coñecida, é a de Noe. Gústanos porque nela hai auga que cae, como as gotiñas de auga que son tan importantes para a vida. Este é unha versión dos Cantaxogos.

14 feb 2012

Continua o entroido no cole coa importancia da auga!

Ola o todas/os:
Onte, grazas ao Meco que nos preparou a profe Lara,  tivemos que levar ao cole  hoxe algo na cabeza e algo vermello, mañá tócanos os anterios e algo colgado do pescozo, e o xoves todo iso máis algo pintado. Ánimo que estades todos e todas moi guapos/as! 
Por outra banda, como este ano o disfraz é de gotas de auga,  gustaríame lembrar a  importancia da auga e de non malgastala. Para isto poño algún vídeo relacionado, espero que os pareza divertido!







11 feb 2012

Comeza o entroido no CEIP Canosa Rus!

Comeza o entroido no cole! Lembrade que o noso Meco recordaranos todos os días como temos que vir ao día seguinte.O luns:


SE A TÚA CLASE QUERES ENTRAR, ALGO NA CABEZA DEBERÁS LEVAR!

5 feb 2012

EXCURSIÓN NA CORUÑA. 2-02-12

Ola:
O xoves pasado, día 2 de febreiro do 2012, o 1º ciclo tivemos unha excursión moi divertida na Coruña. 
Visitamos a ludoteca do Fórum Metropolitano e uns monitores moi simpáticos contáronnos contos moi chulos!
Despois vimos unha obra de teatro, titulada: "La noche".
Comimos nunhas mesas dentro do Fórum, e deixáronnos investigar pola ludoteca!
Antes de marchar xogamos un ratiño no parque para entrar en calor. Foi un día xenial e portámonos moi, moi ben! E tamén Pupi disfrutou moito!


















1 feb 2012

PARABÉNS BRAIS!

Outro cumple máis na clase, parabéns Brais! e con este cumple cerramos o mes, xa que é día 31 de xaneiro do 2012. 
Espero que o pases moi ben! Unha aperta grande dos diminutos máis grandes!!!










Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...